domingo, 12 de enero de 2014

Teatro en inglés


      Teatro en inglés: «Time Travellers», en A Coruña

O venres 17 os alumnos de 5º e 6º de EP asistiremos no Auditorio Centro Sociocultural da Fundación Novacaixagalicia á representación da obra teatral "Time travellers".

Durante esta semana nas clases de inglés prepararemos a unidade didáctica correspondente para poder obter o maior rendemento desta representación.

Este é o resumo da historia que imos ver:

Liz é unha rapaza aparentemente normal que conta cunha característica moi especial: pode viaxar no tempo. No seu percorrido a través dos séculos axudará a famosos personaxes da historia, mais alguén a está seguindo… Acompañarémola nas súas aventuras ao longo de máis de cinco mil anos de historia e 
coñeceremos os personaxes que fixeron do mundo o que é hoxe en día, desde exploradores e artistas ata heroes e invento- res. Esta obra entretida versa sobre o pasado e todo o que nos pode mostrar.

Tamén podedes practicar algunhas das cancións que imos escoitar.